mércores, 18 de decembro de 2019

                                                     HAIKUS E HAIGAS

   O concurso de Haikus e Haigas organizado por Dinamización tivo un grande éxito e a participación foi numerosa.
  Aquí tedes algúns do traballos presentados e tamén poderedes ver as gañadoras do concurso. Mañá teremos a entrega de premios.





 Gañadoras:
Noa Portos, Andrea Domínguez e Zoe Daniela Dornel.
  Parabéns, rapazas!










Parabéns, Noa e Andrea!

martes, 17 de decembro de 2019


                               Sabías que Rosalía de Castro xa ten una estrela?



 Pois si, a 240 millóns de anos luz temos unha estrela á que se lle deu o nome de Rosalía. Hoxe a Unión Astronómica Internacional anuncia que a HD 149143 e o seu exoplaneta HD 149143 b levarán o nome da escritora galega e do río Sar.

martes, 3 de decembro de 2019

                               TEATRO: BERNARDA


   O venres 29 de novembro, o noso alumnado de 1º de bacharelato asistiu á representación teatral de Bernarda, a última produción da compañía Malasombra
   Esta peza teatral céntrase no choque xeracional entre unha viúva e as súas fillas na sociedade de 1975.
   Estivo sensacional, todos desfrutamos co texto e a representación.
   Grazas Concello de Culleredo por darnos a oportunidade de ver esta magnífica obra!

domingo, 24 de novembro de 2019

  O portal da lingua galega. Aula de Galego

   Nesta ligazón poderás acceder a numerosos e variados exercicios de galego: morfoloxía, ortografía, léxico, textos....
  Este método ten 4 niveis diferentes e ten a opción de poder descargalo. O método está pensado para preparar o Celga ou/e para mellorar a túa destreza e coñecemento da lingua galega.
Exercicios de galego

Nesta ligazón podes acceder a numerosos exercicios de lingua galega e ademais, con solucións!

Cursos de galego. Aula virtual.

Tes dúbidas sobre algún aspecto da ortografía e gramática galega? Con esta ligazón  accederás á información que seguro solventará as túas dúbidas.
O portal das palabras

  Esta páxina é unha mestura de dicionario, ludoteca, enciclopedia..... Mergúllate nela e poderás aprender e desfrutar ao mesmo tempo .

xoves, 21 de novembro de 2019

Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero



   O día 25 de novembro é o Día  Internacional da Eliminación  da Violencia de Xénero. O noso departamento, sumándose ás actividades organizadas no centro, organiza un concurso de Haikus e Haigas, tendo como tema "a loita contra a violencia de xénero".
   Ademais da devandita actividade, leremos un manifesto o mesmo día 25.

mércores, 20 de novembro de 2019

                                          Dicionario de fonética

Tes dúbidas sobre a pronuncia dalgunha palabra? Non te preocupes, consulta AQUÍ  como se pronuncian as palabras e os fonemas que as compoñen .

                             GALICIA ENCANTADA

   Coñeces moitas historias sobre mitos, lendas, personaxes fantásticos....galegos? non? Pois consulta esta ligazón  e poderás desfrutar dun mundo máxico.
                                     Gciencia

   Neste portal poderás acceder a novas, datos, reportaxes, curiosidades.... relacionados coa ciencia. Este portal, nado en novembro do 2013, vén de gañar Prisma, o premio máis prestixioso de información científica de España.
      Picando no título poderás acceder ao dito portal.

martes, 19 de novembro de 2019

                        SEMPRE EN GALICIA /FOREVER IN GALICIA

 Sabías que xa temos tradución ao inglés dun dos ensaios claves para entender a Galicia de principios de século XX? Si, grazas a Craig Patterson , Castelao é aínda máis universal.

         
DICIONARIO GALEGO. Se picas AQUÍ, poderás acceder ao dicionario da Real Academia galega.

luns, 18 de novembro de 2019

                                                  ROSALÍA POLOS AIRES

   Sabías que a aeroliña norueguesa Norwegian colocou a foto de Rosalía nun dos seus avións? A dita liña norueguesa decidiu, no 2017, decorar un dos seus avións  coa foto da nosa famosa  escritora, debido á súa importancia dentro das artes e da historia.

Comezamos o curso con forza e estreando un novo blog, esperamos que vos guste!!!!


SAMAÍN
                CONCURSOS

CINE
                                 TEATRO

ROTEIROS

                          CONFERENCIAS
MÚSICA

                           REGUEIFAS... 

aquí temos a parte do noso equipo