xoves, 11 de febreiro de 2021

CONCURSO DE POSTAIS DE SAN VALENTÍN

                                        CONCURSO DE POSTAIS DE SAN VALENTÍN




 

Este concurso ten como finalidade principal promover a expresión escrita e a expresión plástica entre o alumnado do IESBA.

 

REQUISITOS DOS/DAS PATICIPANTES

Os/As participantes deben estar matriculados este curso no IESBA.

 

PARTICIPACIÓN

Cada participante poderá presentar como máximo unha tarxeta en cada un dos idiomas que se ensinan no IESBA (francés, inglés, galego e castelán).

 

TRABALLOS

O tema das tarxetas será “o amor”.

Poden ser: breves textos en prosa ou verso (orixinais ou de autores famosos, neste último caso, os autores deberán citarse).

As tarxetas poderán ir acompañadas de imaxes orixinais (debuxos ou fotografías), que tamén poden ser usadas como soporte da tarxeta.

 

Valorarase a orixinalidade e creatividade das participacións.

As tarxetas gañadoras exporanse no instituto e publicaranse na páxina web da biblioteca, de Normalización  e do IESBA.


Cada estudante entregará a tarxeta á/ao docente da lingua correspondente ou ao profesorado encargado da bilbioteca nos recreos.

 

domingo, 7 de febreiro de 2021