domingo, 24 de abril de 2022

POPSÍA

                     

                                 CHARLA-CONCERTO POPSÍA

   O día 22 de abril no edificio de Usos Múltiples o alumnado de 4ª da ESO  asistiu á charla-concerto POPSIA, un percorrido pola poesía dende o século XIII ata o XX.

 POPSIA aposta por unha combinación de poemas emblemáticos, como  “Ondas de San Simón”, “Rosa das rosas”, “Negra sombra”,.....e música,  como o pop, reggae, rock... 

   Resultou un concerto diferente e atractivo cun músico entregado, Fran Amil, e un público participativo, entusiasta e agradecido.





ENCONTRO INTERXERACIONAL

                                            Encontro interxeracional

   O 7 de abril fixemos un encontro interxeracional entre o alumnado de 2º C e o octoxenario Rosalino Núñez. O alumnado puido coñecer de primeira man como era a vida no século pasado e a visión do presente que ten Rosalino. 

  Con este encontro sacamos valiosos  consellos para o noso futuro e tamén botamos unhas risas e incluso cantamos cancións de Pucho Boedo.






mércores, 20 de abril de 2022

Elefante elegante


                                                            Teatro

   O teatro é sempre unha actividade que nos gusta programar para o noso alumnado. Grazas ao Concello, asistimos á obra de teatro da compañía Elefante elegante; coma sempre, tivo unha grande acollida. Asistimos en tres quendas cos grupos de 3ª ESO e 4ºESO os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril.

  Coa obra non só aprendemos e nos entretivemos senón que tamén nos fixo voar a nosa imaxinación, como ben se viu no coloquio posterior.



Pilar Pallarés



                                                                   PILAR PALLARÉS   

Por fin, o 21 de marzo, puidemos recibir n noso centro a visita tan esperada da grande poeta  Pilar Pallarés. Tivemos que esperar dous anos para poder vela xa que a pandemia obrigou a adiar este encontro. Temos sorte de que unha das poetas máis significativas do panorama literario viva no noso concello e se amosase disposta e encantada con encontrarse co noso alumnado de 1º de bacharelato ; aínda que máis encantados estivemos nós escoitándoa.