sábado, 9 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

        PLAN DE DESCONFINAMENTO PROGRESIVO DA LINGUA GALEGA

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, achegámosche un plan que se o segues, seguro desfrutarás. Anímate e participa!



Coa chegada de maio, mes das letras galegas, nesta situación de confinamento, propoñémoslle a toda a comunidade escolar do IES EBA a participación no Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega.
Este plan voluntario consta de catro fases, da 0 á III, e inclúe diversas propostas, xogos, actividades, retos e concursos.
Para participar, descarga este documento e vai seguindo os pasos que nel se propoñen.
O primeiro dos concursos que inclúe este plan é o de camisetas e carteis “Desconfinando a lingua”, no que podes participar ata o 14 de maio
Descarga as bases completas AQUÍ