martes, 27 de abril de 2021

luns, 5 de abril de 2021

Premio Mil primaveras



                                 ESTAMOS DE CELEBRACIÓN

  O proxecto realizado o curso pasado, Desconfinamento progresivo da lingua galega, acaba de acabar o premio Mil primaveras!



mércores, 3 de marzo de 2021

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER

                                                             DÍA DA MULLER





                                                        CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA



  Como estes últimos anos, o noso centro estivo de celebración. Celebramos o día de Rosalía con música, exposicións, recitados..... Rosalía está viva para celebrar o que somos e que aínda estamos vivos!




xoves, 11 de febreiro de 2021

CONCURSO DE POSTAIS DE SAN VALENTÍN

                                        CONCURSO DE POSTAIS DE SAN VALENTÍN




 

Este concurso ten como finalidade principal promover a expresión escrita e a expresión plástica entre o alumnado do IESBA.

 

REQUISITOS DOS/DAS PATICIPANTES

Os/As participantes deben estar matriculados este curso no IESBA.

 

PARTICIPACIÓN

Cada participante poderá presentar como máximo unha tarxeta en cada un dos idiomas que se ensinan no IESBA (francés, inglés, galego e castelán).

 

TRABALLOS

O tema das tarxetas será “o amor”.

Poden ser: breves textos en prosa ou verso (orixinais ou de autores famosos, neste último caso, os autores deberán citarse).

As tarxetas poderán ir acompañadas de imaxes orixinais (debuxos ou fotografías), que tamén poden ser usadas como soporte da tarxeta.

 

Valorarase a orixinalidade e creatividade das participacións.

As tarxetas gañadoras exporanse no instituto e publicaranse na páxina web da biblioteca, de Normalización  e do IESBA.


Cada estudante entregará a tarxeta á/ao docente da lingua correspondente ou ao profesorado encargado da bilbioteca nos recreos.

 

domingo, 7 de febreiro de 2021

xoves, 28 de xaneiro de 2021

VALENTE

                                                     Valente 

     Durante a segunda quincena de decembro-primeira quincena de xaneiro, contamos coa exposición sobre algunhas mulleres de distintos países do mundo que loitaron polos seus dereitos ou os das súas xentes e as consecuencias que sufriron por isto. 


               Sen dúbida, unhas mulleres valentes!