sábado, 15 de maio de 2021

CHARLAS ESCRITORES


                                             Héctor Cajaraville

    O alumnado de 3ª leu este ano "A caixiña dos rancores" de Héctor Cajaraville. Este xoves,  día 13, tivemos a sorte de contar con Héctor para que nos falase da súa obra, iso si, a través de webex por mor da pandemia.


martes, 27 de abril de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Concurso de camisetas!!!

              Como farás a camiseta este ano? Seguro que será divertida e espetacular!

                        IMOS CELEBRAR XUNTOS/AS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!










ANÍMATE E PARTICIPA! CONCURSO TIK TOK







 

                                 Anímate a participar, será realmente divertido!!!!!!!






luns, 5 de abril de 2021

Premio Mil primaveras



                                 ESTAMOS DE CELEBRACIÓN

  O proxecto realizado o curso pasado, Desconfinamento progresivo da lingua galega, acaba de acabar o premio Mil primaveras!



mércores, 3 de marzo de 2021

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER

                                                             DÍA DA MULLER





                                                        CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA



  Como estes últimos anos, o noso centro estivo de celebración. Celebramos o día de Rosalía con música, exposicións, recitados..... Rosalía está viva para celebrar o que somos e que aínda estamos vivos!




xoves, 11 de febreiro de 2021

CONCURSO DE POSTAIS DE SAN VALENTÍN

                                        CONCURSO DE POSTAIS DE SAN VALENTÍN




 

Este concurso ten como finalidade principal promover a expresión escrita e a expresión plástica entre o alumnado do IESBA.

 

REQUISITOS DOS/DAS PATICIPANTES

Os/As participantes deben estar matriculados este curso no IESBA.

 

PARTICIPACIÓN

Cada participante poderá presentar como máximo unha tarxeta en cada un dos idiomas que se ensinan no IESBA (francés, inglés, galego e castelán).

 

TRABALLOS

O tema das tarxetas será “o amor”.

Poden ser: breves textos en prosa ou verso (orixinais ou de autores famosos, neste último caso, os autores deberán citarse).

As tarxetas poderán ir acompañadas de imaxes orixinais (debuxos ou fotografías), que tamén poden ser usadas como soporte da tarxeta.

 

Valorarase a orixinalidade e creatividade das participacións.

As tarxetas gañadoras exporanse no instituto e publicaranse na páxina web da biblioteca, de Normalización  e do IESBA.


Cada estudante entregará a tarxeta á/ao docente da lingua correspondente ou ao profesorado encargado da bilbioteca nos recreos.