martes, 18 de xaneiro de 2022

SAMAÍN. CONXUROS



      Para celebrar o Samaín organizamos un concurso de conxuros; foi moi difícil elixir os gañadores xa que foi un concurso moi concurrido e os traballos eran realmente magníficos. 

                                                          Grazas por participar!


CONXUROS GAÑADORES

“Adeus, ABAU” de María Alonso Pérez (2º BACH C)

Cago na ABAU,

imos darlle con paus.

Non nos deixa vivir,

non nos deixa sorrir.

Vaite, vaite, vaite de aquí!

Vai á merda

e déixanos saír de festa.

Só queremos rematar segundo

e saír ao mundo,

sen morrer no intento, 

sen ningún lamento.

 

 

“Conxuro para a adolescencia” de Alejandra López Tapias (3ºESO B)

 Xuventude, hormonas, noivos e noivas,

 facédenos felices aos anacos.

 O resto do tempo...

 tristes, depresivos e encerrados.

 Es coma unha etapa mal anunciada,

 coma unha estaca anoxada.

 Ti aquí non pintas nada,

 por min, colle as túas cousas

 e podrécete na nada.

 

 

“Conxuro contra  os libros” de Lucía López Gómez (1º ESO F)

Malas olladas dos profesores a quen copia,

noxentas gomas de mascar, ceros nos exames,

días nos que chove e coa escola hai que lidiar,

odiosas clases os luns para comezar.

 

Aínda que os demos máis poderosos invocarei,

non sei se os vosos demoníacos poderes eliminarei,

posto que a vosa maldade é gran poder,

só o meu conxuro o peso das costas pode desfacer.

 

Libros noxentos, lapis e mais cadernos,

maldito exceso de peso nas mochilas

con esta suor de levalos todos os días,

condénoos a desaparecer das nosas vidas.

 

Maldito peso que temos que cargar cada día nas nosas costas,

polos conxuros dos devanceiros de atrás

e polo conxuro que acabei de inventar

que o demos vos leve ao fondo do mar.

 

Peso desgrazado que cada vez é máis pesado,

mal de ollo para os libros desgrazados.

Que a merda e o mal cheiro os coma

e que os novos ordenadores nos axuden agora.

 

Por iso pídolle con este conxuro mortal

que os coman os demos das gomas rotas

e co voso lume tan infernal

da nova beberaxe que a todos vos devore.

 

A todos os que a saúde articular vos acompañe

e aos que co podre peso carguen

que a Santa Compaña os apañe.

 

Dito todo o conxuro e feitas todas as advertencias,

só por dicir me queda que o  Samaín permaneza

e que o peso dos libros dos profesores se esqueza.

Cartas Candeloria

                                                              CARTAS CANDELORIA

                                                               Anímate e participa!!!










luns, 7 de xuño de 2021





                                                   PARABÉNS AOS GAÑADORES!!!!!!


   Aquí temos os nosos ganadores do concurso das camisetas e TIK TOk, un aplauso para eles/elas!!!!

Parabéns Brais Berjano, Brais Pardellas, Luana Payero, Gabriela Vázquez e Sandra Abeledo.












sábado, 15 de maio de 2021

CHARLAS ESCRITORES


                                             Héctor Cajaraville

    O alumnado de 3ª leu este ano "A caixiña dos rancores" de Héctor Cajaraville. Este xoves,  día 13, tivemos a sorte de contar con Héctor para que nos falase da súa obra, iso si, a través de webex por mor da pandemia.


martes, 27 de abril de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Concurso de camisetas!!!

              Como farás a camiseta este ano? Seguro que será divertida e espetacular!

                        IMOS CELEBRAR XUNTOS/AS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!










ANÍMATE E PARTICIPA! CONCURSO TIK TOK







 

                                 Anímate a participar, será realmente divertido!!!!!!!






luns, 5 de abril de 2021

Premio Mil primaveras



                                 ESTAMOS DE CELEBRACIÓN

  O proxecto realizado o curso pasado, Desconfinamento progresivo da lingua galega, acaba de acabar o premio Mil primaveras!