sábado, 9 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

        PLAN DE DESCONFINAMENTO PROGRESIVO DA LINGUA GALEGA

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, achegámosche un plan que se o segues, seguro desfrutarás. Anímate e participa!



Coa chegada de maio, mes das letras galegas, nesta situación de confinamento, propoñémoslle a toda a comunidade escolar do IES EBA a participación no Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega.
Este plan voluntario consta de catro fases, da 0 á III, e inclúe diversas propostas, xogos, actividades, retos e concursos.
Para participar, descarga este documento e vai seguindo os pasos que nel se propoñen.
O primeiro dos concursos que inclúe este plan é o de camisetas e carteis “Desconfinando a lingua”, no que podes participar ata o 14 de maio
Descarga as bases completas AQUÍ                             








martes, 4 de febreiro de 2020

Revista Nós

                       Sabías que......... este ano a revista Nós cumpre 100 anos?







 A revista Nós, que foi voceira da Xeración Nós e as Irmandades da Fala, cumpre este ano 100 anos de vida. Desexámoslle que cumpra moitos máis!

martes, 28 de xaneiro de 2020

SAN VALENTÍN

Participa na actividade organizada por Normalización e escribe a túa carta de amor, amizade, agradecemento......💘








SAN VALENTÍN


XA CHEGA O 14 DE FEBREIRO!!!! Ti xa tes preparada a túa carta? Non? A que esperas?

Aquí tedes o poema que o gran Pessoa escribiu sobre as cartas de amor:

Todas as cartas de amor são

Todas as cartas de amor são 
Ridículas. 
Não seriam cartas de amor se não fossem 
Ridículas.
Também escrevi em meu tempo cartas de amor, 
Como as outras, 
Ridículas.
As cartas de amor, se há amor, 
Têm de ser 
Ridículas.
Mas, afinal, 
Só as criaturas que nunca escreveram 
Cartas de amor 
É que são 
Ridículas.
Quem me dera no tempo em que escrevia 
Sem dar por isso 
Cartas de amor 
Ridículas.
A verdade é que hoje 
As minhas memórias 
Dessas cartas de amor 
É que são 
Ridículas.
(Todas as palavras esdrúxulas, 
Como os sentimentos esdrúxulos, 
São naturalmente 
Ridículas).

domingo, 26 de xaneiro de 2020

SAMAÍN




Samaín, mitoloxía galega.......... estupendo traballo o que fixo o alumnado de 1º da ESO!













martes, 14 de xaneiro de 2020

VÉRTICE DE VERSOS

                                    ENCONTRO COA POESÍA

   Hoxe, 14 de xaneiro, asistimos co noso alumnado de 3º e 4º da ESO a un encontro coa poesía grazas ao Concello de Culleredo. En primeiro lugar vimos a proxección do documental Vértice de versos   de Carlos Lourenzo. Trala proxección, tivemos un coloquio co autor sobre as cuestións que se abordan na película e sobre o proceso de produción. Finalizamos co recital da poeta Emma Pedreira (unha das protagonistas do documental) e o concerto do cantautor Xoán Curiel.

CONCURSO DE HAIUKUS E HAIGAS

                                               CONCURSO HAIKUS E HAIGAS

                                     Entrega de premios ás gañadoras. Parabéns, rapazas!