martes, 14 de xaneiro de 2020

VÉRTICE DE VERSOS

                                    ENCONTRO COA POESÍA

   Hoxe, 14 de xaneiro, asistimos co noso alumnado de 3º e 4º da ESO a un encontro coa poesía grazas ao Concello de Culleredo. En primeiro lugar vimos a proxección do documental Vértice de versos   de Carlos Lourenzo. Trala proxección, tivemos un coloquio co autor sobre as cuestións que se abordan na película e sobre o proceso de produción. Finalizamos co recital da poeta Emma Pedreira (unha das protagonistas do documental) e o concerto do cantautor Xoán Curiel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario