AMNISTÍA INTERNACIONAL
Este curso decidimos colaborar con Amnistía Internacional xa que sabemos o importante que é concienciar o alumnado sobre os Dereitos humanos. Unha sociedade más xusta é unha sociedade máis libre e humana.
Comezamos esta serie de exposicións centrándonos nos Dereitos das mulleres. Co gallo da celebración do 25 N, estiveron expostos estes cartaces desde o 20 de outubro ata o 1 de novembro. Neles puidemos apreciar como son tratadas as mulleres e os dereitos que teñen en distintos lugares do mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario