Para conmemorar o Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro) expuxéronse uns paneis que recollían algúns dos dereitos que temos a cidadanía en todo o mundo.
xoves, 28 de xaneiro de 2021
luns, 25 de xaneiro de 2021
MÚSICA GALEGA HOXE
Escoitas música en galego? que grupos favoritos tes? Bota un ollo á nosa exposición e quizá aprenderás un pouquiño máis......tamén podes darnos a túa opinión e colaborar coa dita exposición. ANÍMATE!
martes, 19 de xaneiro de 2021
Exposición de cartaces (Amnistía Internacional)
AMNISTÍA INTERNACIONAL
Este curso decidimos colaborar con Amnistía Internacional xa que sabemos o importante que é concienciar o alumnado sobre os Dereitos humanos. Unha sociedade más xusta é unha sociedade máis libre e humana.
Comezamos esta serie de exposicións centrándonos nos Dereitos das mulleres. Co gallo da celebración do 25 N, estiveron expostos estes cartaces desde o 20 de outubro ata o 1 de novembro. Neles puidemos apreciar como son tratadas as mulleres e os dereitos que teñen en distintos lugares do mundo.
luns, 18 de xaneiro de 2021
Gañadores do concurso de microrrelatos do Samaín
CONCURSO DE MICRORRELATOS
Xa temos os gañadores do concurso de microrrelatos. Aquí tedes a súa foto e os seus relatos. Noraboa rapaces!
CONCURSO DE MICRORRELATOS
IMOS CELEBRAR O SAMAÍN!
Co gallo da celebración do Samaín, organizamos un concurso de microrrelatos de medo. Anímate e participa! Agradecemos a colaboración da ANPA na doazón dos premios para os gañadores
sábado, 9 de maio de 2020
LETRAS GALEGAS 2020
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, achegámosche un plan que se o segues, seguro desfrutarás. Anímate e participa!
martes, 4 de febreiro de 2020
Revista Nós
A revista Nós, que foi voceira da Xeración Nós e as Irmandades da Fala, cumpre este ano 100 anos de vida. Desexámoslle que cumpra moitos máis!












