CARTAS PARA CELEBRAR O DÍA SE SAN VALENTÍN!
Anímate e participa
Valente
Durante a segunda quincena de decembro-primeira quincena de xaneiro, contamos coa exposición sobre algunhas mulleres de distintos países do mundo que loitaron polos seus dereitos ou os das súas xentes e as consecuencias que sufriron por isto.
Sen dúbida, unhas mulleres valentes!
Para conmemorar o Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro) expuxéronse uns paneis que recollían algúns dos dereitos que temos a cidadanía en todo o mundo.
Escoitas música en galego? que grupos favoritos tes? Bota un ollo á nosa exposición e quizá aprenderás un pouquiño máis......tamén podes darnos a túa opinión e colaborar coa dita exposición. ANÍMATE!
AMNISTÍA INTERNACIONAL
Este curso decidimos colaborar con Amnistía Internacional xa que sabemos o importante que é concienciar o alumnado sobre os Dereitos humanos. Unha sociedade más xusta é unha sociedade máis libre e humana.
Comezamos esta serie de exposicións centrándonos nos Dereitos das mulleres. Co gallo da celebración do 25 N, estiveron expostos estes cartaces desde o 20 de outubro ata o 1 de novembro. Neles puidemos apreciar como son tratadas as mulleres e os dereitos que teñen en distintos lugares do mundo.
CONCURSO DE MICRORRELATOS
Xa temos os gañadores do concurso de microrrelatos. Aquí tedes a súa foto e os seus relatos. Noraboa rapaces!
IMOS CELEBRAR O SAMAÍN!
Co gallo da celebración do Samaín, organizamos un concurso de microrrelatos de medo. Anímate e participa! Agradecemos a colaboración da ANPA na doazón dos premios para os gañadores