xoves, 28 de xaneiro de 2021

VALENTE

                                                     Valente 

     Durante a segunda quincena de decembro-primeira quincena de xaneiro, contamos coa exposición sobre algunhas mulleres de distintos países do mundo que loitaron polos seus dereitos ou os das súas xentes e as consecuencias que sufriron por isto. 


               Sen dúbida, unhas mulleres valentes!

DEREITOS HUMANOS

   Para conmemorar o Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro) expuxéronse uns paneis que recollían algúns dos dereitos que temos a cidadanía en todo o mundo.





luns, 25 de xaneiro de 2021

MÚSICA GALEGA HOXE

 Escoitas música en galego? que grupos favoritos tes? Bota un ollo á nosa exposición e quizá aprenderás un pouquiño máis......tamén podes darnos a túa opinión e colaborar coa dita exposición. ANÍMATE!




martes, 19 de xaneiro de 2021

Exposición de cartaces (Amnistía Internacional)

                                                   AMNISTÍA INTERNACIONAL

  Este curso decidimos colaborar con Amnistía Internacional xa que sabemos o importante que é concienciar o alumnado sobre os Dereitos humanos. Unha sociedade más xusta é unha sociedade máis libre e humana.



   Comezamos esta serie de exposicións centrándonos nos Dereitos das mulleres. Co gallo da celebración do 25 N, estiveron expostos estes cartaces desde o 20 de outubro ata o 1 de novembro. Neles puidemos  apreciar como son tratadas as mulleres e os dereitos que teñen en distintos lugares do mundo.






luns, 18 de xaneiro de 2021

Gañadores do concurso de microrrelatos do Samaín

                                             CONCURSO DE MICRORRELATOS

  Xa temos os gañadores do concurso de microrrelatos. Aquí tedes a súa foto e os seus relatos. Noraboa rapaces! 










CONCURSO DE MICRORRELATOS

                                               IMOS CELEBRAR O SAMAÍN!

Co gallo da celebración do Samaín, organizamos un concurso de microrrelatos de medo. Anímate e participa! Agradecemos a colaboración da ANPA na doazón dos premios para os gañadores








sábado, 9 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

        PLAN DE DESCONFINAMENTO PROGRESIVO DA LINGUA GALEGA

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, achegámosche un plan que se o segues, seguro desfrutarás. Anímate e participa!



Coa chegada de maio, mes das letras galegas, nesta situación de confinamento, propoñémoslle a toda a comunidade escolar do IES EBA a participación no Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega.
Este plan voluntario consta de catro fases, da 0 á III, e inclúe diversas propostas, xogos, actividades, retos e concursos.
Para participar, descarga este documento e vai seguindo os pasos que nel se propoñen.
O primeiro dos concursos que inclúe este plan é o de camisetas e carteis “Desconfinando a lingua”, no que podes participar ata o 14 de maio. 
Descarga as bases completas AQUÍ